martes, 17 de junio de 2008

DIFERENZAS E SEMELLANZAS ENTRE A ÉTICA E A FILOSOFIA DO DEREITO

ÉTICA:

A palabra ética ten unha dobre orixe:
ethos: costume, morada, termo éste que evolucionou a maneira de ser, pensar, sentir...
Trata sobre os valores sobre o carácter, hábitos, ou actos en canto poden ser bó ou malos.
Os actos humanos libres e deliberados son aqueles que conducen a algún fin.

Distinguense 3 Niveis:

-Moral: Concentrase nos códigos vixentes en cada comunidade.
-Ética: Proposta realizada por un teórico sobre temas morais ¿Qué é unha obriga? ¿Por qué teño
que socorre? ¿Por qué non debo mentir?
-Metaética- Preocúpase do coñecemento, funcionamento, xustificación dos suizos éticos.

FILOSOFIA DO DEREITO:

Orixe procede do latin - directum: norma que regula o recto o xusto.
Dereito: Sistema ou conxunto de normas reguladoras dalgúns comportamentos humanos nunha
determinada sociedade. Sirve para superar a insuficiencia da natureza respecto ó convivencia humana. O Dereito é un sistema normativo.
Regula os actos exteriorizados que a sociedade considera relevantes para a sua conservación e
para a harmónica convivencia.
Normas: consuetudinarias- orde na mesma sociedade.
Normas legais- Feitas polo poder político.

Dereito dobre vertente:

-Subxetivo. Seria o dereito ou dereitos que cada ún ten por pertencer a un determinado grupo.
-Obxetivo: Serian os códigos normativos polos que se rexe unha sociedade: Dereito civil.

DEREITOS HUMANOS: O HOME COMO SER SOCIAL.

DEREITOS HUMANOS: O HOME COMO SER SOCIAL.
1- O home como ser social:

Os homes somos sociais por natureza. Para vivir en harmonía e paz co resto dos seres humanos necesitamos cumplir é obedecer unhas ordes e unhas leis que todos debemos respectar. Se unha persoa non cumple estas normas recae sobre ela unha pena que pode ser máxima ( como matar a outro ser humano, alterar a orde, conducción temeraria, etc ) ou pode ser mínima ( como atraco , saltar unha señal de tráfico, etc ).

2- ¿Qué son os dereitos?

Cada ser humano ó nacer ten uns dereitos, nadie nin nada podelle quitalos, senón que é lei de vida. Estes dereitos son inalienables xa que grazas a eles podemos referirnos a aquelas cousas que podemos reclamar ou as obrigas que a sociedade ou os outros nos deben , ainda que moitos dereitos deste non se cumpla.

3-Estado de dereito e Comunidade Internacional

Nun estado de dereito os individuos deben estar protexidos contra abusos de poder. Deben ter un contrato social que lles garantice esa protección.Par a globalización da economía , política e cultura faise necesario que existan controis superestatais que permitan protexer os seres humáns en calquera parte da Terra. As organizacións coma esta son por exemplo Nacións Unidas, está fundada en 1945 por 51 países despois da 2ª Guerra Mundial.Para facer que todo o mundo se respectase entre sí, fixeronse Pactos, Ligas, Asociaciones, Cooperaciones, Grupos, etc como:

-Pacto amazónico, Pacto andino, Liga de estados Árabes, Asociaciones das Nacións do Suroeste Asiático, Cooperación Económica de Asia Pacífica, Grupos dos Quince, Unión Europea, Unión Interparlamentaria

A DECLARACIÓM DE DEREITOS HUMANOS:

1-Qué defende o positivismo xurídico?
O positivismo xurídico defende os dereitos no cal o valor queda supeditado ao poder que os fai cumplir.

2-Qué quere dicir que os dereitos humáns son dereitos naturais?

Isto quere dicir , que tanto os dereitos humáns como os dereitos naturais proveñen da propia natureza humana e son previos a calquera forma de organización social.

3-Qué problemas percibes para a implantación universal dos dereitos humanos?

Os problemas desta implantación e que están involucrados tres niveis do coñecemento e a convivencia humanas: a moral, o dereito e a política. A moralidade debe fundamentar e propoñer as condición de liberdade, igualdade e dignidade que esixe a implantación dos dereitos humáns de forma universal. O dereito que debe ser capaz de concretalos en distintas lexislacións, esixindo por medio da coerción, que se a política que debe aplicar esa carta de dereitos poñendo as bases para que poida, de feito, levarse á práctica.

4-Que significa IUS naturalista?

IUS naturalista consiste en afirmar que os dereitos humáns son vinculantes e válidos porque teñen a súa orixe nunha orde anterior á formación da comunidade humana

5-Características dos dereitos humáns e diferencias entre a fundamentación ética, tecnolóxica historicista e política?

-Ética: É unha fundamentación ética que tenta fundamentar os dereitos humanos acudindo á fonte que os xera, é dicir, á súa orixe. Esta fundamentación basease na posición iusnaturalista e consiste en afirmar que os dereitos humanos son vinculantes e válidos porque teñen a súa orixe nunha orde anterior á formación da comunidade humana.

-Teolóxica:Afirma que esa orde natural procede de Deus, que é o creador do home e a lei que define á súa natureza. Esta fundamentación teolóxica dos dereitos humáns presenta o grave inconvinte de facer depender a validez dos mesmos nas crenzas relixiosas, que fundamentalmente non son asunto de razón, senón de fe.

-Hitoricista:Este tipo de fundamentación foi defendida durante a preparación da Declaración Universal e entende que os dereitos humáns son o resultado das necesidades e valores de cada sociedade e cada época histórica.

-Política:Esta fundamentación faise necesaria, tamén dar razón da validez e funcionalidade dos Dereitos Humáns.Con respecto a esta fundamentación podemos encontrar dúas teorías:

·A teoría do consenso:Onde fundamentan os dereitos humáns no consenso social, ben produto dun pacto, ben como producto dun diálogo permanente e universal.

·A teoría do disenso:Que permite fundamentar os Dereitos Humáns facendo deles o único instrumento que permite canalizar a disconformidade dunha persoa, grupo ou pobo coa orde social existente.

As teorias da xustiza: Liberalismo, teorias

Nunha comuna de 10 persoas decidiuse que ol máis rico debería duplicar o capital dos demáis; isto é, dar a cada un unha cantidade igual á que tivuvese. Cando votaron contas, tralo reparto, viron que todo seguía exactamente igual que antes, salvo que o nome dos ricos e os pobres tiña cambiado, naturalmente, pero a distribución das fortunas era a mesma. O total da fortuna era de 1.023.000 euros.

-¿Cál era o reparto entre as dez persoas?
Hai un reparto equitativo para cada persoa, pero os ricos ao teren mais capital seguirian tendo mais cartos que os pobres.



Se hai que repartir un pastel entre varios nenos, podense dar diversas razóns para unha distribución desigual. Un neno podería explicar que ten moita fame. Este é o chamado argumento da necesidade. Outro neno podería dicir que a nai prometeralle a metade da tarta: o argumento dos dereitos adquiridos. Un terceiro podería argumentar que traballou para a nai: o argumento a favor do mérito no sentido máis estricto (rendemento). En cuarto lugar, un neno podería dicir que merece un anaco máis grande por ser o primoxénito. Esta razón equivale a dicir que ten previamente un valor maior. Todas son, chegado o caso, razóns relevantes. Se non se puidese dar unha razón relevante, só quedaría o reparto igualitario. Non só se debe poder dar unha razón, senón que esta ten que amosarse tamén como relevante. Se un neno dixera que merece o anaco máis grande porque ten os ollos azuis, esto sería rexeitado por irrelevante (a non ser que se recoñeceran premisas adicionais).

-Cuestión: ¿Que diferencia hai entre razón relevante e non relevante?

A razon relevante quere dicir que o reparto debese a razons polas cales se benefician a un individuo, a razon non relevante quere dicir que o reparto e equitativo.

Teorias da xustiza

1. LIBERALISMO
O liberalismo non é unha posición política unitaria, senón que máis ben consiste nunha familia de teorías políticas moi diferentes entre si, pero cun denominador común: A defensa da limitación do poder e funcións do Estado.

O liberalismo contemporáneo


Tamén chamado neoliberalismo, caracterizase por unha defensa forte da democracia como sistema de goberno e pola defensa a ultranza da soberanía popular. Xunto con esta idea da democracia, o neoliberalismo asume tres principios de grande importancia ética:


*

O universalismo. O neoliberalismo enunciase como unha teoría política e ética aplicable a todas as culturas porque se presenta como unha teoría racional. Fundamentase no ideal kantiano e ilustrado de racionalidade universal do Ser Humano. Por iso, a defensa dos dereitos humanos é unha das súas posicións políticas máis relevantes.

*

A neutralidade. Para que a teoría política do liberalismo poida concibirse como universal é fundamental que non interveña nin trate de regular aquelas condutas culturais, relixiosas ou individuais que non se relacionen de forma directa coa regulación e estrutura da sociedade. Un dos seus principios fundamentais é non apoiar ningunha medida política que se basee nunha concepción relixiosa ou moral concreta.

*

O individualismo. Para o liberalismo o fundamento do poder reside no individuo. O individuo está sempre por riba da sociedade porque considera á sociedade como un instrumento ao servicio dos individuos. Esta característica é un dos riscos fundamentais que diferencia aos liberais doutras teorías contemporáneas da xustiza.




Todos os liberalismos contemporáneos defenden estes tres principios. Agora ben, segundo se poña máis énfase nun ou noutro deles teremos diferentes formas de liberalismo. As dúas teorías máis influíntes na época actual son: A teoría igualitaria de John Rawls e a teoría libertaria representada por Robert Nozick.


A TEORÍA IGUALITARIA DE JOHN RAWLS.


Rawls centra o problema da xustiza na busca dun criterio que lle permita decidir se o reparto de bens e dereitos dentro dunha sociedade é xusto. Pero, ao contrario que as concepcións clásicas da xustiza, non desenvolve o problema tratando de establecer un criterio ideal de distribución de recursos. Rawls afronta o problema do criterio de xustiza desde un punto de vista procedimental: os criterios son xustos, sempre e cando o procedimento polo que se adoptaran fora xusto.


A pregunta polo criterio de xustiza transformase na cuestión: ¿Qué procedemento será o máis xusto para establecer os criterios de xustiza? Para explicarnos mellor en que consiste unha análise procedimental, Rawls establece unha analoxía: un grupo de persoas decide tirar dados como medio de decidir a distribución dun determinado ben. O resultado prexudicará a algúns e favorecerá a outros, pero o procedemento en sí é xusto. Esta é unha situación hipotética ¿Ocorrerá o mesmo na sociedade real?


O ideal de xustiza como imparcialidade


Na sociedade real os problemas son máis complexos porque na elección de procedementos poden estar influíndo os prexuizos e intereses privados dos individuos que elixen, que non son seres abstractos, senón que teñen sexo, posición social, raza, intereses....) A única forma en que poderían elixir imparcialmente sería que descoñecesen a sociedade na que van vivir, o lugar que ocuparán nela, o seu sexo ou calquera outro risco persoal que lle impedira tomar unha decisión imparcial. A unha posición que cumprira todos estes requisitos chamalle Rawls posición orixinal. Esta posición orixinal é un feito imposible na sociedade real, pero pode contemplarse como unha posibilidade na orixe da sociedade.


Tª contractualista


Seguindo co exemplo do contractualismo inaugurado por Locke e Hobbes, Rawls idea un “contrato social” hipotético no que os individuos sobre os que cae un velo de ignorancia, están situados nunha posición orixinal e, desde esta deciden cal debe ser a estructura da sociedade na que viven. Estes individuos deberán decidir unha serie de principios que regulen a distribución de bens e dereitos, tales principios deben ser universais (aplicables a todo o mundo) e públicos (non deben inmiscuirse naquelas actividades ou facetas da vida que incumben só ao individuo). Nunha posición orixinal, e tralo velo da ignorancia, calquera individuo tentará escoller o principio máis beneficioso para todos, porque ao desaparecer o velo o individuo podería atoparse no sector máis desfavorecido da sociedade. O principio racional que regularía tal elección sería: A sociedade non debe admitir distribucións desiguais a menos que aumenten o beneficio dos máis desfavorecidos. Este principio denominase principio da diferencia e con él Rawls opónse ao principio utilitarista que abogaba por un reparto de bens baseado na utilidade.

Pasos a seguir nunha reclamacion

PASOS A SEGUIR NUNHA RECLAMACIÓN
1º-Reclamación
2º-No caso de denegarse a reclamación presentarse a administración. No caso de non ser aceptado pasase ao Tribunal de Xustiza, dividido en tres partes:
-Xunta
-Parlamento
-Tribunal de Xustiza superior
3º O seguinte paso sería xa ao Tribunal Supremo
Presentase o recurso de casación
4º Por último debese apelar ao Tribunal Constitucional.

Modelo de reclamacion

MODELO DE RECLAMACIÓN
D./Dna. Aldegundo Armando Guerra Constante
D.N.I: 69696969 -X

Como consumidor habitual de CocaCola, presento a seguinte reclamación por danos e prexuizos no dia de 1-5-2069 o Ministerio de Sanidade e Hixiene Galegos.

*Bebida en mal estado en un bote de coca-cola debido a aparición dun rato.


FUNDAMENTOS DA RECLAMACIÓN:

Comprei unha bebida nunha maquina expendedora de CocaCola, e cando a abrin atopei un mamífero roedor finado dentro do bote.
Os técnicos encargados de velar pola nosa saúde e seguridade, non deberían haber lanzado o mercado un producto en mal estado como o que apotei eu, deberíanse por máis controles específicos para que estas cousas non voltaran a suceder.

DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA:

( O bote de CocaCola)
En Lunes, a 1 de Maio do 2069

Fdo: Aldegundo Armando Guerra Constante

Recurso de Alzada

MODELO DE RECURSO DE ALZADA
D/Dª.Martín Gonzalez Paz , mayor de edad, profesor del centro sagrado corazón, con domicilio a efecto de notificaciones en Pontevedra/Lalín/Goyas/nº34 y D.N.I 54321274-k, a V.E.M5.
EXPONE:
Que, mediante el presente escrito, interpongo recurso de alzada, previo a la vía contencioso-administrativa, contra el colegio sagrado corazón el que baso en los siguientes:
HECHOS
PRIMERO.
La falta de disciplina en los niños , ya que hay infinidad de acosos en el centro y marco que yo fui uno de los afectados por este tipo de acosos y violencia
SEGUNDO
Debido a la alimentación repartida en el comedor del centro.Esta alimentación es inadecuada para los niños porque el dia pasado cuando estaba yo de encargado me encontre gusanos en la carne de ternera y las patatas podridas.
FUNDAMENTOS JURÍDICOS
PRIMERO
Como me enteré que la reclamación no llegó a su destino me veo obligado a volver escribirla y enviarla a la xunta de galicia
SEGUNDO
Espero que tomen duras represalias contra estos acontecimientos.

En su virtud,suplico, a V.M.E. que, teniendo por presentado este escrito, lo admita a trámite y dé por interpuesto recurso de alzada contra el colegio sagrado corazón, y solicitando que tomen serias medidas contra estes acontecimientos
Lalín, 4 de enero de 2111